O Concello de Nigrán organiza nun só día nove ‘aniversarios de balcón’ e unha voda simbólica

Publicado por o día 02/05/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán organiza nun só día nove ‘aniversarios de balcón’ e unha voda simbólica

O Concello de Nigrán onte á tarde aos 93 ‘aniversarios de balcón’ celebrados desde o 2 de abril a vodasimbólica de Laura e Pablo, unha parella de Panxón que tiña previsto o evento para hoxe. O casamento coincidíu precisamente co día récord de aniversarios para o Concello, con 9 en total.

O alcalde de Nigrán, Juan González, ante a petición dos amigos para organizarlles unha sorpresa, asistíu como a todos os aniversarios con Protección Civil ás 18:30 horas a súa casa da rúa Jesús Espinosa para entregarlle unha tarta nupcial de parte das amizades e unhas floresde parte do Concello. Unha vez alí, ante uns emocionados noivos, oficiou simbólicamente o acto civil do asamento e entregoulles un acta de matrimonio simbólica.

O Concello continuará celebrando aniversarios para nenos e anciánsata o 10 de maio, cando o desconfinamente se prevé maior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.