O Concello de Nigrán organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres

Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres. O curso desenvolverase os días 19 e 26 de xuño no Pavillón deportivo de 9.30 horas á 13.30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán.

O período de inscrición comeza o día 5 de xuño e remata o día 17. A inscrición poderá realizarse presencialmente na Oficina de Atención Cidadá (no edificio do Concello), por teléfono (no número 986 365 000) ou por correo electrónico (no enderezo [email protected]) para o que deberá remitirse o nome completo, DNI e teléfono de contacto. Admisión no curso realizarase por orde de inscrición.