O concello de Nigrán organiza unha excursión para maiores á illa de Arousa o día 4 de outubro

O prazo de inscrición abre este xoves día 27 e finaliza o luns 1 de outubro
Por o 26/09/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
O concello de Nigrán organiza unha excursión para maiores á illa de Arousa o día 4 de outubro
Compartir en:

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión á Illa de Arousa o 4 de outubro e cuxo prazo de inscrición abre mañá xoves 26 de setembro e pecha o luns 1 de outubro (os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán).

A excursión, con saída ás 8:30 horas en autobús dende a Casa do Concello, inclúe tamén visitas a Cambabos e, en Vilagarcía de Arousa, ao Centro de Interpretación da Conserva, Mirador Con do Forno e Faro de Punta Cabalo. O prezo desta viaxe é de 15 € e inclúe transporte, seguros, guía e xantar na brasería A Salga (o menú inclúe de entrantes empanada, croquetas, embutidos e mexillóns; segundo prato a escoller entre atún, merluza ou carne; bebida, postre e café).

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, “porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.