O Concello de Nigrán pecha o luns o prazo de pre-reserva para asistir ao espetáculo ‘Pioneras’ de Patricia Kraus o 31 de xullo no CPI Arquitecto Palacios

O custe é de 9 € e os interesados disporán na web municipal da ficha de pre-reserva e as indicacións oportunas
Publicado por o día 24/07/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán pecha o luns o prazo de pre-reserva para asistir ao espetáculo ‘Pioneras’ de Patricia Kraus o 31 de xullo no CPI Arquitecto Palacios

O Concello de Nigrán pecha este luns 27 de xullo o prazo para facer a pre-reserva para asistir o 31 de xullo ao espectáculo ‘Pioneras’ (CPI Arquitecto Palacios de Panxón, 22:00 horas) no que Patricia Kraus homenaxea ás grandes voces femininas que marcaron a música do S.XX. O custe é de 9 € e os interesados deberán cubrir una ficha dispoñible na web municipal www.nigran.org
e enviala a [email protected] Unha vez que se reciba esta pre-reserva se lles enviará por email unha carta de pago para o abono da entrada, que deberán efectuar no día seguinte. Toda a información estará colgada na web do Concello e calquera dúbida se resolverá a traves do mail [email protected]

Patricia Kraus rende con ‘Pioneras’ unha homenaxe ás grandes voces femininas que marcaron a música del S.XX como Bessi Smith, Billie Holiday, Sara Vaughan, Ella Fitzgerald, Aretha Franklin, Nina Simone, Janis Joplin, Mercedes Sosa e Mina.

Patricia Kraus é unha cantante, compositora e produtora española, filla do tenor Alfredo Kraus. Nace en Milán, pero a súa su familia se instala en España desde a súa infancia. Comeza estudios musicais aos nove anos, para máis tarde ampliar a súa formación vocal xunto á soprano Lina Huarte e o seu pai. A pesares da súa formación clásica, decántase pola música moderna e xa durante as décadas dos 80 e 90 publica varios trabajos como autora e cantante, dentro do mundo do pop. Agora, tras a súa triloxía de blues, soul, jazz e máis, Patricia Kraus presenta “Pioneras”. O espectáculo conta con Alejandra Saenz na dirección de escea e Beatriz Ortega na produción. A cantante estará acompañada no escenario por Gherardo Catanzaro (piano), Yrvis Méndez (bajo), Pedro Porro (batería), Manuel Machado (trompeta) e Iñaki Arakistain (saxo).

Comentar noticia

Your email address will not be published.