O Concello de Nigrán pide unha reunión urxente á xunta ante a total disconformidade coa resposta ás alegacións do proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-552

Pecha ao tráfico o acceso á rúa Barreiras dende a PO-552 para facelo só peonil mediante escaleiras; non acepta realizar beirarrúas nen dotar de maior seguridade a contorna de Ureca e pretenden impor o sentido único nas rúas Cruceiros e Mallón, ambas municipais
Por o 28/02/2019 | Sección: Galicia,Nigrán
O Concello de Nigrán pide unha reunión urxente á xunta ante a total disconformidade coa resposta ás alegacións do proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-552
Compartir en:

O Concello de Nigrán pediu oficialmente esta mañá unha reunión urxente coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda tras coñecer a súa resposta ás alegacións realizadas ao proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-552 (puntos quilométricos 10+600 a 13+800). Estas alegacións fixéronse precisamente co consenso unánime de toda a corporación en febreiro de 2018 sen recibir resposta algunha ata hoxe, cando para sorpresa do goberno local a Xunta informa de que pechará o acceso ao tráfico na entrada ao Camiño Barreiras (Mallón) pola PO-552 deixando só un acceso peonil mediante escaleiras; rexeita construír unha contorna máis segura para peóns na zona de Ureca e, finalmente, pretende facer de un único sentido os camiños Cruceiros e Mallón, ambos de titularidade municipal.

“Baixo ningún concepto ímos aceptar estas solucións que a Xunta pretende impor porque son prexudiciais para os veciños e porque existen alternativas que non son lesivas. Descoñecemos o prazo de inicio das obras pero non ímos aceptar o peche de Camiño das Barreias nen permitir que impoñan sentidos únicos en camiños de titularidade municipal “, suliña o alcalde, Juan González, quen lamenta que a Xunta tamén desestima construír beirarrúas en toda a zona de Ureca.

O Concello, nas súas alegacións, pedíralle á Xunta unha alternativa á glorieta plantexada á altura do Camiño das Barreiras xa que impedía o acceso ao tráfico dende a PO-552 sendo este un vial con numerosas casas e coa empresa Piensos Biona xusto na entrada. A resposta da Xunta é sorprendente porque finalmente pecha este aceso a vehículos e só permite o peonil mediante a construción dunhas escaleiras. “Din que a glorieta é a opción idónea para reducir sinistralidade pero supón facer desta rúa un auténtico tapón, xa que obriga aos vehículos a entrar pola rúa Manuel González Prado sen ter ningunha saída en Barreiras nin xeito de dar a volta”, sinala o alcalde, Juan González, quen esta mesma mañá se reuníu cos veciños e negocios, moi preocupados e preparados xa para recoller sinaturas en contra.

Entre estas medidas a maiores que reclamaba o Concello nas súas alegacións estaba a mellora da accesibilidade peonil na contorna de Ureca (rotonda coa AG-57 a Porto do Molle ou Camiño A Camesella), xa que actualmente só dispón dun único itinerario peonil moi complexo a pesares de ser unha zona moi transitada dado que dende aí se entra ao sendeiro do Río Muíños ou ás instalacións deportivas. A Xunta considera que os treitos existentes na marxe esquerda (dirección A Ramallosa) son xá suficientes e non se plantexa actuar na outra marxe ou dotar de continuidade ao escaso tramo existente. “Non se entende que sendo un proxecto de mellora da seguridade non se contemple actuar. É imprescindible a construción de itinerarios seguros e accesibles en toda esta zona e no Camiño do Pinicho, Carballal, Manuel González Prado ou Valle Inclán, ademais de Rans no cruce con Telleira “, recalca o alcalde.

Finalmente, o Concello rexeita que a Xunta pretenda impor o único sentido nas rúas Cruceiro e Camiño Pedreiros, en Mallón, ambas de titularidade municipal. Responden que non queren manter o dobre sentido”dada a nova distribución do tráfico” e ao non dispor “dunha anchura mínima”. “A maioría dos camiños de Nigrán teñen esas dimesións sen que supoñan un risco de sinistralidade maior, non podemos perxudicar dese xeito a todo o barrio, ademais de que son vías municipas da nosa competencia”, insiste o alcalde, Juan González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.