O Concello de Nigrán propón ao ministerio de sanidade a residencia de tempo libre de patos en caso de necesidade urxente ante o COVID-19

Ante a posibilidade de que se precisen máis lugares para a atención sanitaria, o goberno local propón este espazo xa dotado e sen actividade ata o mes de xuño
Publicado por o día 20/03/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán propón ao ministerio de sanidade a residencia de tempo libre de patos en caso de necesidade urxente ante o COVID-19

O Concello de Nigrán, ante a petición do Ministerio de Sanidad para que os concellos notifiquen espazos potenciais no seu territorio para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19, referíu a Residencia de Tempo Libre de Patos como un lugar idóneo, xa que é un lugar xa dotado, está sen actividade ata xuño, e dispón de camas e habitacións individuais, así como cociña industrial e comedor.

“No caso de Nigrán hai esta instalación que cumpre con todas as indicacións que desde o goberno de España están a requirir: centros sociais, de día ou residencias que foran desaloxadas e con potencial para ser habilitados”, indica o alcalde, Juan González, quen incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas, e habitacións individuais, de 2 e 3 camas… Todo elo foi indicado e referido na contestación feita este mesmo luns ao Ministerio de Sanidad. “Trátase dun lugar que precisamente está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona, está pechado de setembro a xuño, e tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”.

“Ogallá que non sexa preciso empregala, pero desde Nigrán temos a sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, finaliza.