O Concello de Nigrán reclama á Xunta que rectifique de xeito inmediato a súa decisión de impedir San Roque como festivo local no 2020

Segundo o acordo plenario de xullo de 2018 ao Concello correspóndelle o próximo ano San Pedro e San Roque ao coincidir San Fiz en sábado e ser San Xoan festivo autonómico, aprobación que a Xunta non respecta
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán reclama á Xunta que rectifique de xeito inmediato a súa decisión de impedir San Roque como festivo local no 2020

O Concello de Nigrán reclama á Xunta de Galicia que rectifique de xeito inmediato e respecte a decisión da corporación municipal de establecer por vez primeira na súa historia San Roque de Camos como festivo local no 2020 ante a coincidencia de San Fiz en sábado e ao ser declarado San Xoan festivo autonómico. Precisamente, ante esta probabilidade, o pleno do 26 de xullo de 2018 estableceu por unanimidade San Roque de Camos (24 de agosto) como a segunda alternativa válida de festivo local en Nigrán (paralelamente refrendouse nesta sesión que os festivos tradicionais e preferentes na localidade son San Pedro o 29 de xuño e San Fiz o 1 de agosto, sendo a primeira alternativa a estes San Xoan o 24 de xuño e San Roque de Camos o 24 de agosto como segunda opción).

Así, conforme ao referendado neste Pleno do 26 de xullo de 2018, o Concello de Nigrán comunicou por escrito o pasado 2 de outubro á Consellería de Economía, Emprego e Industria a súa decisión de establecer finalmente San

Pedro e San Roque como festivos locais no 2020 (comunicación dentro do prazo establecido, xa que finalizaba 15 de outubro). Sen embargo, pese ao Concello a cumprir en tempo e forma, dende á Xunta insisten en invalidar a decisión adoitada co voto favorable de toda a corporación.

“A Xunta pretende impoñer os festivos de 2019 para o 2020 incumprindo así o acordo plenario do Concello no que se decidiu San Roque como alternativa. A negativa sistemática da Xunta con Nigrán chega a extremos surrealistas”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que isto significaría que, na práctica, os veciños de Nigrán serían os únicos de Galicia cun único festivo local e non dous.

Comentar noticia

Your email address will not be published.