O Concello de Nigrán reforza as instalacións deportivas ao aire libre en Panxón cun circuito biosaudable

Consta de 14 elementos para facer exercicios ao aire libre e tivo un custe de 8.000 €. “Estamos a investir en saúde proporcionando verdadeiros ximnasios ao aire libre nun momento en que a actividade física máis segura é no exterior”, explica o alcalde, Juan González.

O Concello de Nigrán ven de investir 8.065 € con cargo ás baixas do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra na construción dun novo parque biosaudable en Panxón que substitúe ao antigo ao carón do pavillón, moi deteriorado por efecto da salinidade.

O novo circuito consta de 14 elementos fixos: dous volantes, dúas bicicletas elípticas, un patín para marcha, dous ascensores pull, unha cadeira pectoral, dous remos ou ‘ponys’, un xogo de barras, un columpio, e un aparato para a cintura. Como todos estes parques, está deseñados para a práctica de exercicio físico de adultos e son especialmente recomendables para maiores de 60 porque permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo. Os aparellos están combinados de maneira que os usuarios poden exercitar toda a súa musculatura ou mellorar a súa capacidade cardíaca segundo os seus obxectivos: hai elementos especiais para os brazos, pernas, outros para abdome ou zona lumbar, glúteos, cadeira, columna vertebral… Un panel explica a técnica para empregar en cada un e os seus beneficios.

O Concello renovou nos últimos anos toda a zona ao carón do Pavillón Municipal coa construción dunha pista multideportes o ano pasado, a substitución dos elementos de xogo infantís ou a recente instalación dun parque de calistenia. “Estamos a investir en saúde proporcionando verdadeiros ximnasios ao aire libre nun momento en que a actividade física máis segura é no exterior”, explica o alcalde, Juan González, quen considera especialmente positivo concentrar ao carón do Pavillón deportivo todos estes elementos que permiten aos usuarios ampliar o seu adestramento.

Nos derradeiros anos o Concello investíu máis de 50.000 € na creación de parques biosaudables: tres en Priegue (Torreiro, rúa Don Marcial e Prado), un ao carón da Praia de Patos, subtitución en Praia América, un en Chandebrito, outro en Balinfra e na Asociación Cultural A Camoesa (Camos), parque Vázquez Grela (Nigrán) e parque Ana Isabel Costas (Vilariño) e Alameda de A Ramallosa.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM