O concello de Nigrán saca a concurso a contratación do servizo de grúa municipal por 15.730 € ao ano durante catro anos

As empresas interesadas dispoñen dende hoxe de 15 días naturais para presentar as súas ofertas despois de que onte se publicase no BOPPO
Por o 18/01/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
O concello de Nigrán saca a concurso a contratación do servizo de grúa municipal por 15.730 € ao ano durante catro anos

O Concello de Nigrán ven de sacar a concurso a contratación do servizo municipal de grúa durante os vindeiros catro anos por un importe de 15.730 €/ano, tal e como onte se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As empresas interesadas dispoñen dende hoxe de 15 días naturais para presentar as súas ofertas a este servizo que, ata ahora, se prestaba mediante persoal contratado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra ou contratacións puntuais a empresas.

“Precisamos darlle estabilidade a este servizo ante a dificultade que supón cubrilo ao cen por cen todo o ano con persoal contratado a través do Plan Concellos da Deputación e o custo engadido que implica recurrir puntualmente a empresas cando estes traballadores non están”, resume o alcalde, Juan González, quen aclara que a curto prazo resulta inviable municipalizar a grúa “porque o Concello de Nigrán non dispón de ninguna praza de operario municipal habilitada ao respecto e, debido a actual lei estatal de Estabilidade Orzamentaria, tampouco a podemos crear”. Por este motivo, finalmente o Concello de Nigrán aposta por externalizar o guindastre para poder ofrecelo con maior calidade, absoluta regularidade e cun menor custe económico.

Tal e como estipulan as bases, o horario de prestación do servizo contratado será de luns a domingo de 08:00 a 23:00 horas durante os meses de xuño a setembro e, no horario restante e nos meses restantes, mediante demanda sen poder superar o tempo de resposta os 15 minutos. A maiores inclúense 50 horas anuais de traballo presencial (fora dos horarios citados) previa petición da Xefatura da Policía Local de Nigrán. No horario presencial poderá ser requirida para labores como traslado de vallas e sinalización ou retirada das mesmas, e nos casos de emerxencia fora de horario para asuntos da Policía Local de delimitar ou sinalizar zonas perigosas.

O prezo por retirada de vehículo con desprazamento ao depósito fora do horario e excluídas as 50 horas presenciais a maiores será de 80 € +IVE (por infracción) e de 40 €+IVE por enganche sen cargo de guindastre.

Finalmente, o contrato tamén incide en que o Concello de Nigrán será quen proporcione a grúa co uso e mantemento ao día, facéndose cargo a adxudicataria dos gastos de combustible, seguro obrigatorio e de verificar o seu correcto mantemento (as avarías que xordan por falta da verificación e por uso indebido non imputable ao desgaste normal correrán a conta da empresa).

“En definitiva, coa súa contratación teremos un mellor servizo, totalmente normalizado, e cun menor custe para as arcas municipais”, sintetiza.