O Concello de O Rosal organiza o ciclo de charlas “Educar en familia”

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de Galicia

O Concello de O Rosal organiza o ciclo de charlas “Educar en familia”

Neste último cuatrimestre do ano, o Concello do Rosal organiza 4 charlas coa fin de ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e profesionais a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

Estas charlas están orientadas a todas aquelas persoas interesadas en abrir novas posibilidades de resolver conflictos, reforzar a comunicación e o diálogo, e establecer relacións saudables entre os membros da familia.

Serán impartidas por Esteban Figueirido, psicólogo e terapeuta familiar, que exerce como profesional desde hai máis de 15 anos no ámbito privado colaborando tamén con Centros de Servizos Sociais e CIM. Figueirido ten escrito numerosos artigos e publicados tres libros en colaboración coa Editorial Publicacións Andamio.

A primeira das charlas “Como comunicarnos mellor cos nosos fillos/as” será o vindeiro martes 25 de setembro ás 19.30 h. no Salón de Exposicións do Concello de O Rosal. Será unha charla dinámica e interactiva, de unha hora e media de duración aproximada, que tratará sobre a comunicación na familia.

A actividade contará con servizo de canguro para a atención a nenos e nenas durante a hora e media aproximada que durará a charla, deste xeito facilitarase a asistencia das persoas que teñan dificultades para conciliar.