O Concello de Ponte Caldelas atendeu 283 consultas para asesoramente xurídico e 181 de atención psicolóxica

A administración local dispón de avogada e psicóloga que atenden de xeito gratuíto e totalmente confidencial.

O Concello de Ponte Caldelas atendeu un total de 283 consultas sobre asesoramento xurídico a través da avogada e 181 de atención psicolóxica durante o ano 2020. A avogada e a psicóloga realizan unha importante labor de atención e asesoramento á veciñanza do municipio, con proximidade, cariño, confidencialidade e de xeito totalmente gratuíto.

Ademais das consultas, en materia de Igualdade impulsouse o ‘Obradoiro de autocoñecemento’ participaron 19 mulleres que traballaron as vivencias teórico-prácticas para favorecer a saúde integral das participantes. No ‘Proxecto Capacitadas’ foron 15 mulleres as que se formación para o emprego, obtendo clases sobre operarias de producción, adquirindo o título de carretilleiras e realizando en prácticas en empresas. Por outra banda tamén se impulsou para o público familiar un programa de ‘Contacontos de Igualdade’ para traballar a igualdade de xénero entre mulleres e homes en todas as idades que se desenvolveu en nove lugares do rural de Ponte Caldelas e no casco urbán cun grande éxito de participación por parte da veciñanza.

Avogada e psicóloga ofrecen un servizo gratuito, personalizado e totalmente confidencial. O asesoramento xurídico está á disposición de toda a veciñanza luns a venres de 8.30 a 15.00 horas e o psicolóxico os martes e venres de 8.30 a 15.00 horas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM