O Concello de Ponte Caldelas decidiu suspender o inicio dun ciclo de Musicoterapia, unha actividade lúdica que ía comezar este venres na parroquia de Anceu, tras coñecer a morte, en estrañas circunstancias de Marcio Pérez Santana, de 41 anos, en Salvador de Bahía (Brasil).
A nova, que foi comunicada hoxe á familia, causou unha profunda consternación en Ponte Caldelas, e moi especialmente na parroquia de Anceu, onde residen os pais de Marcio. A súa nai partiu para o Brasil para facerse cargo do corpo.
O suceso produciuse á noite de onte (hora brasileira), cando Marcio, que tiña unha empresa construtora, e a súa parella estaban a piques de entrar no garaxe da súa residencia. Ao parecer pasaron un control policial que non estaba correctamente sinalizado. Segundo algunhas versións mesmo confundiu aos axentes cun grupo de asaltantes. A Policía abriu fogo e unha bala alcanzou a Marcio na caluga. As autoridades xa iniciaron unha investigación diante das acusacións de graves irregularidades achegadas por diversas testemuñas.
O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) expresa as súas condolencias á familia e aos amigos e coñecidos de Marcio, que viña habitualmente a Ponte Caldelas a pasar as súas vacacións. O alcalde, Andrés Díaz, natural de Anceu expresou tamén o seu pésame persoalmente á familia e púxose ao seu dispor para o que sexa preciso.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.