O Concello de Ponteareas busca consenso para o comezo das obras do Paseo Matutino

Publicado por o día 11/05/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O Concello de Ponteareas busca consenso para o comezo das obras do Paseo Matutino

A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas, a socialista Inés Vidal, está a manter reunións con comerciantes, residentes e hostaleiros do Paseo Matutino, de cara a topar a data máis axeitada para o inicio das obras de humanización do primeiro treito. As reunións buscan axeitarse ás necesidades da veciñanza e empresariado e ter en conta a súa opinión, a fin de que a realización das obras de reforma da rúa que ocasione as menores molestias posibles.

Acompañados do arquitecto responsable da obra e da empresa concesionaria, Narom, e despois de escoitar as opinións de veciños e técnicos, o periodo que acadou maior consenso foi o tramo do 6 de xuño ao 24 de xullo que tal e como indicou o arquitecto director da obra é o período con menor tránsito escolar e, doutra banda, pasadas xa as Festas do Corpus.

En todo caso, o Goberno local amosouse “aberto” a novas propostas que acaden o máximo consenso veciñal e comercial e que sexan viables. Nese sentido, o Gobernoestudará como segunda opción a realización das obras despois das festas dos Remedios, a partir do 10 de setembro; evitando deste xeito ocupar algunhas semanas do verán que son as semanas de maior negocio para a hostelaría.