O Concello de Pontevedra adxudica a Meniños o programa de atención familiar a menores durante 4 anos

A Xunta de Goberno local adxudicou o contrato por un importe de 92.080 euros anuais
Publicado por o día 30/05/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

O Concello de Pontevedra adxudica a Meniños o programa de atención familiar a menores durante 4 anos

A Fundación Meniños xestionará o programa de atención familiar a menores do Concello durante os próximos catro anos. A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación do contrato por un importe global de 368.320 euros -90.080 por anualidade-, segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González. O contrato e susceptíbel de

O programa ten un dobre obxectivo: intervir en familias con menores que estean en risco de exclusión social e traballar de xeito preventivo contra o absentismo escolar. Para levar adiante o traballo contarase cun equipo profesional multidisciplinar integrado por tres persoas: educador/a social, traballador/a social e psicólogo/a.

Raimundo González subliñou “os moitos éxitos” acadado por este programa no eido do apoio escolar, inserción laboral, etc. Ao abeiro do programa, o pasado ano, atendéronse 85 menores -50 nenos e 35 nenas- de 56 familias de colectivos desfavorecidos ou desestruturadas.

A selección e seguimento dos menores tratados chega da man dos servizos sociais do Concello, de centros educativos e centros de saúde, de centros de menores e mesmo dos xulgados.