O concello de Pontevedra prorroga o contrato da auga até a resolución dun recurso administrativo

O Tribunal administrativo de Galicia ten dous meses de prazo para resolver a cuestión proposta por unha das empresas que concorreu á licitación do contrato.
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

O concello de Pontevedra prorroga o contrato da auga até a resolución dun recurso administrativo

Unha Xunta de Goberno Local extraordinaria aprobou recentemente unha nova prórroga do contrato de auga e saneamento á concesionaria actual, Viaqua, até que resolva o Tribunal administrativo de recursos contractuais de Galicia o solicitude presentada por unha das empresas que concorreu á licitación do contrato da auga o pasado mes de xullo. O Tribunal ten un prazo de dous meses para resolver a cuestión administrativa, e pasado ese tempo, o Concello poderá adxudicar definitivamente este contrato, que gañou tamén Viaqua cun investimento de 58 millóns de euros máis o pago dun canon anual de case 6 millóns de euros.

A nova prórroga ten un prazo máximo de 6 meses ou até que o Concello poida adxudicar definitivamente esta concesión.