O Concello de Pontevedra xa dispón do proxecto do novo parque de Médico Ballina

Publicado por o día 31/05/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

O Concello de Pontevedra xa dispón do proxecto do novo parque de Médico Ballina

O Concello xa dispón do proxecto técnico para a construción dunha nova área lúdica sobre a pasarela peonil de Médico Ballina. O concelleiro de Parques, Alberto Oubiña, explicou esta mañá que os servizos técnicos traballan na elaboración do prego administrativo para pasar á fase de contratación do parque.

O orzamento é de 175.000 euros, xa que se propón a intervención en toda a superficie da parcela de máis 2.600 metros cadrados. Prevese a creación de dúas zonas, unha situada na entrada ao parque destinada á estancia para os acompañantes dos rapaces e unha traseira na que se instalarían os xogos infantís.

Aínda que o prego non tipo nin o tipo de elemento que se instalará nin a súa cantidade, xa que queda a criterio dos adxudicatarios, se se inclúe a instalación de catro bancos, tres papeleiras, dous mesas con xogos e bancos incorporados, unha mesa de tenis de mesa adaptada para xente con mobilidade reducida. Tamén disporá dun xogo inclusivo e columpios. Unha tirolina e outro xogo tipo cesta múltiple.

O concelleiro de Parques, Alberto Oubiña non quixo adiantar os prazos para a instalación do novo parque, aínda que se amosou confiado en que as obras poidan comezar este mesmo ano. A prudencia nos prazos débese a que o parque de Médico Ballina é un dos primeiros proxectos municipais que se tramitan conforme á nova Lei de contratos da administración pública, o que supón que se incrementan os prazos ao respecto da lei anterior e tamén se fai con mais cautela ao ser un dos primeiros procedementos deste tipo que realiza o Concello.