O Concello de Porriño colabora coas festas na honra da Virxe dos Milagros en Carracido

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O Concello de Porriño colabora coas festas na honra da Virxe dos Milagros en Carracido

O sábado 31 comezan as Festas na honra da Virxe dos Milagros en Carracido coas que colabora o Concello de Porriño.

A achega do Concello é de 1.600 euros segundo informou David Alonso, concelleiro responsable de Festas.

No programa dos festexos incluense tres verbenas: o sábado 31 con Costa Blanca $ Niebla; domingo 1, “Kamelot” e o luns 2, “Kubo”.

E haberá dous concertos: o domingo a cargo da Banda de Música da Cultural de Barro; e o luns 2, a Banda de Música Municipal de Redondela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.