O concello de Redondela asina un convenio con Cáritas para a instalación de contenedores de roupa

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

O concello de Redondela asina un convenio con Cáritas para a instalación de contenedores de roupa

Esta mañá o Secretario Xeral de Cáritas José Antonio García Coba visitou Redondela para firmar un convenio de colaboración co Concello de Redondela polo que se instalarán en diferentes puntos da vila 8 contenedores de roupa usada. Con este proxecto Cáritas ten como obxetivo a creación de postos de traballo de inserción Socio Laboral para a xestión do textil. Esta roupa será reutilizada e reciclada mediante unha empresa de inserción.

A boa sintonía entre o Concello de Redondela e Cáritas é clara xa que son diversas as colaboracións en diferentes programas sociais . Ademais deste convenio que se firmou hoxe, anualmente o Concello firma con Cáritas un convenio anual de 15.000 euros cos que esta organización realiza entre outras actividades:

* Atención directa aos usuarios

* Reparto de alimentos

* Axudas como pago de alquileres

* Visitas a anciáns e enfermos en residencias e hospitais

* Cursillos de formación

* Campañas de sensibilización

* Programas de atención alimentaria á infancia

* Programas de emprego con talleres de habilidades sociais

Un dos programas mais importantes que leva a cabo a asociación é a campaña de verán para a alimentación digna das familias con menores xa que en periodo vacacional non asisten aos comedores escoles e é Caritas a que se encarga de proporcionarles una alimentación completa e equilibrada mediante o convenio firmado co concello.

“Seguiremos a colaborar con esta organización que realiza unha labor tan importante no noso Concello” Javier Bas.