O Concello de Redondela celebra a Semana do Piano

Desde este luns até o vindeiro venres 29 desenvolveranse actos arredor da figura deste instrumento, nos que participarán artistas redondelanos de renome como Noemí Salomón e Alberto Vilas.
Por o 25/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
O Concello de Redondela celebra a Semana do Piano

O Concello de Redondela vén de adquirir un piano de cola para o municipio, motivo polo cal nace a iniciativa para celebrar a ‘Semana do Piano’. O instrumento musical é o primeiro destas características no Concello, e que desde o goberno local consideran “imprescindible” para a celebración de moitos actos culturais e educativos. A organización corre a cargo do Conservatorio Municipal en colaboración co Concello.

A Semana do Piano arrancará esta tarde coa presentación no Conservatorio de Música, ‘Víctor Ureña’, onde haberá un concerto dos profesores acompañando aos seus alumnos.

Xa na tarde de mañá, o piano trasladarase á rúa para achegar este instrumento a todos os veciños e veciñas.

Na Praza da Constitución de Redondela, terá lugar unha sesión de piano bar de balde. Será ás 18.00 horas. Un pouco máis tarde, sobre as 19.15 a sesión de piano estará destinada ao público, posto que se facilitará que a veciñanza entre en contacto co instrumento, podendo incluso aprender a tocar unhas notas musicais.

O mércores día 27 de marzo a celebración trasládase ao Conservatorio Municipal, onde a artista redondelana Noemí Salomón ofrecerá unha conferencia aberta a todo o público, na que falará da súa experiencia como artista e tamén como docente de música.

Na xornada do día 28 farase unha doble sesión de piano na rúa. Primeiro será o turno dos máis cativos, xa que ás 10.30 horas está previsto un concerto de cancións infantís no que participarán os escolares da vila.

Na quenda das 12.00 horas, tocaranse as “canción de sempre”, adicadas aos nosos maiores. Participarán nesta actividade as persoas da terceira idade dos centros de día de Redondela.

Para cerrar a semana grande da música en Redondela, haberá un concerto de gala para o que será necesario dispoñer de invitación previa. Neste acto actuarán tamén os artistas redondelanos Noemí Salomón e Alberto Vilas.

O alcalde da vila, Javier Bas, sinalou que é moi importante a celebración desta semana para poder achegarlle á xente a calidade educativa que hai en torno á materia musical en Redondela”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.