O Concello de Redondela contratará nos próximos días a 30 persoas para reforzo dos servizos municipais

O goberno local recibe de Xunta de Galicia unha subvención de 146.000 €, que reforza os equipos que desenrolan traballos de interese social, tales como limpeza, asfalto e ordenanza.
Publicado por o día 16/05/2019 na sección de Galicia,Redondela

O Concello de Redondela contratará nos próximos días a 30 persoas para reforzo dos servizos municipais

O Concello de Redondela vén de recibir a resolución da Xunta de Galicia pola cal a Administración Pública Local pode contratar a dez persoas para o reforzo dos servizos municipais do ano 2019.

Deste xeito, o Concello de Redondela quere que esta contratación de persoal, reforce as áreas municipais que melloran directamente a calidade de vida dos redondeláns.

Para isto, a Xunta de Galicia concédelle unha subvención que ascende a máis de 146.000 euros para a contratación de dous teitadores de asfalto, cinco limpadores, dous traballadores de ordenanza e un conserxe durante nove meses. Está previsto que os novos operarios comecen a traballar a finais de maio.

Tamén se sacaron as convocatorias para limpeza de praias e as de 8 socorristas ademais dun peón de forestal.

Para o alcalde de Redondela, Javier Bas, isto supón “un avance fundamental na creación de benestar social na vila e para fomentar a creación de emprego”.