O concello de Redondela instalará unha caldeira de biomasa nos campos de fútbol de Santa Mariña

Publicado por o día 13/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

O concello de Redondela instalará unha caldeira de biomasa nos campos de fútbol de Santa Mariña

Tras recibir a concesión da subvención solicitada ao INEGA o Concello de Redondela instalará unha caldeira de biomasa no Campo de Futbol de Santa Mariña que utilizará pellets como combustible. Esta caldeira dará servizo de auga quente sanitaria aos vestiarios do campo de futbol municipal substituindo a actual de gasoil. A nova caldeira incluirá un sistema de control de combustión que regulará a mesma e adaptará de forma automática os pellets necesarios. Coa instalación se construirá un silo de obra para o almacenamento dos material combustibles. Para o cálculo da demanda de enerxía tívose en conta os consumos de anos anteriores . O consumo de gasoleo supoñía uns 2070 euros ao ano . Con la caldera de biomasa el consumo anual pasará a ser de 1.300 euros lo que supone un ahorro de 770 euros al año en combustible.

O importe da instalación desta caldeiura ascende a 30.000 euros e o concello conta cunha axuda concedida polo INEGA de 22.000 euros .

“Para nos é moi importante a sustitución desta caldeira non so polo aforro que supón ao ano senón por que se trata dun tipo de enerxía renovable que non emite o nivel de contaminación que emitía a caldeira anterior. Iremos ano a ano cambiando todas as caldeiras das instalacións deportivas sustituindoas por caldeiras mais eficientes e ecolóxicas” Julio Mougán Concelleiro de Deportes.