O concello de Redondela realiza unha limpeza do Alvedosa por medios manuais

Publicado por o día 01/11/2018 na sección de Galicia,Redondela

O concello de Redondela realiza unha limpeza do Alvedosa por medios manuais

O Concello de Redondela está a realizar esta semana una limpeza do cauce do Río Alvedosa ao seu paso por Redondela. A limpeza se realiza somentes con medios manuais buscando o lixo que se atopa no cauce non so na superficie senón tamén baixo os lodos e os sedimentos retirando gran cantidade de lixo xa nos primeiros días de traballo. Entre o lixo atopado hai dende rodas ata ferralla plásticos e incluso se atopou alguna batería de vehículo elemento altamente contaminante. Na parte subterránea baixo a Praza de Ribadavia (A Farola) percorrérona a pe ataviados de alumeado e atoparon troncos arrastrados polas crecidas e lixo depositado nos pilares que soportan a estrada que pasa por enriba.