O Concello de Redondela revalida o premio á reciclaxe activa na Área Metropolitana de Vigo

As cifras de recollida selectiva obtidas no 2018 consolidan a tendencia á alza da reciclaxe na vila, que conta actualmente cun recoñecemento nesta materia concedido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia
Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Redondela

O Concello de Redondela revalida o premio á reciclaxe activa na Área Metropolitana de Vigo

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo concelleiro Miguel Ángel Álvarez, vén de facilitar os datos de reciclaxe do 2018, unha estatística que constata a tendencia á alza da reciclaxe na vila.

Nos últimos anos, coa implantación do Plan de Reciclaxe e Compostaxe Redondela (2016-2020), o Concello afianza a súa aposta por esta materia. Os programas de concienciación social e as campañas divulgativas que se poñen en marcha de maneira periódica, tamén axudan a que os datos sexan cada vez máis favorables.

Redondela consolídase como un dos Concellos máis activos en materia de reciclaxe na contorna da Área Metropolitana de Vigo dende que en 2017 lle fora recoñecida esta labor por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Este traballo materialízase non só nos datos obtidos, senon que o alcalde da vila, Javier Bas, destaca a importancia da implicación das novas xeracións neste proceso para camiñar cara “un planeta máis sostible”. Sinala tamén que “facelo posible dende Redondela é un avance moi importante na creación dunha vila máis amable para todos”.

Así pois, os datos revalidan o recoñecemento de reciclaxe activo para a vila de Redondela. No conxunto do 2018, a reciclaxe de envases de plástico, no contenedor amarelo, incrementouse en máis de 43.000 kg, o que supón un 21% máis co ano anterior, no 2017.

A reciclaxe de papel e cartón tamén se incrementou, e fíxoo un 30%, segundo os datos da Concellería de Medio Ambiente. Os redondeláns, depositaron 76.000 kg máis destes materiais nos contenedores azuis.

Pola súa banda, incrementouse a recollida de vidrio case un 4% nos últimos doce meses con respecto a 2017.

En canto á recollida de aceite doméstico, o aumento da recollida selectiva sitúase arredor do 10% desde que se implantou o novo sistema de recollida. Como novidade, cómpre destacar que agora os usuarios non teñen que vaciar o aceite no contenedor, senon que depositan a botella de plástico fechada, evitando así derrames e suciedade. Con isto, o Concello de Redondela chegou xa á cifra de 7,9 kg de recollida de aceite en menos dun ano, un dato que nunca antes fora acadado na vila

Campañas divulgativas

Para seguir fomentando a recollida selectiva no municipio, dende o Concello vén de poñerse en marcha por terceiro ano consecutivo a campaña informativa nos centros escolares.

Trátase de charlas impartidas polo axente de Medio Ambiente do Concello que achegará aos máis pequenos información práctica para a recollida selectiva de residuos, entre outras temáticas. Este ano incoporouse como tema a concienciación sobre o uso sostible da auga como recurso esencial e esgotable e o coñecemento do rural.

Os contidos das charlas adaptáronse este ano aos cursos de educación primaria e infantil, dado o interese destes niveis na realización de charlas relacionadas coa compostaxe e a creación de hortas ecolóxicas nos propios centros escolares.

O obxetivo principal das campañas de divulgación é achegar a concienciación e sensiblización ambiental aos máis novos para seguirmos construíndo unha vila sostible e cunha boa calidade de vida.