O Concello de Redondela volve a instalar no Alvedosa a barreira para a recollida de plásticos

“Volvemos colocala porque estaba demostrando eficacia na recollida de plásticos” comenta o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar
Publicado por o día 27/01/2020 na sección de Galicia,Redondela

O Concello de Redondela volve a instalar no Alvedosa a barreira para a recollida de plásticos

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela volveu instalar a barreira para recoller plásticos no último tramo do Río Alvedosa, ao seu paso pola vila dos viadutos. Esta barreira foi esnaquizada pola forte corrente de auga do río que se rexistrou no pasado mes de decembro a consecuencia das fortes chuvias acumuladas nesas xornadas.

A barreira volveuse instalar no mesmo lugar porque “ata que foi esnaquizada polo temporal estaba traballando moi ben. Cada semana retirábanse das barreiras unha boa cantidade de plásticos e doutros refugallos. Deste xeito conseguíamos que non chegaran ao mar e os retirábamos para tratar eses residuos axeitadamente. Confiamos en que agora mesmo funcionen mellor” Comenta o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

“A nova instalación fíxose nos mesmos lugares pero reforzando a súa estrutura, como se pode comprobar a simple vista. De tódolos xeitos, estamos a estudar un sistema mecanizado para poder retiralas rápida e facilmente en caso de futuras riadas podendo evitar así novas roturas”, engade Villar.

nor

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.