O Concello de Redondela xa dispón de Plan Municipal de Incendios

A normativa recolle as obrigas en materia de xestión da biomasa vexetal dentro da área xeográfica de Redondela e que afecta a particulares, empresas e ás restantes Administración Públicas.
Por o 08/05/2019 | Sección: Galicia,Redondela
O Concello de Redondela xa dispón de Plan Municipal de Incendios

O alcalde de Redondela, reuniuse esta semana coa empresa adxudicataria do servizo forestal, que lle fixo entrega nun ‘pendrive’ do Plan Municipal de Prevención de Incendios.

Este instrumento analiza o risco de ocorrencia dun incendio forestal, establece a rede de faixas de xestión de biomasa e determina cales son as zonas de actuación prioritarias nas superficies de competencia municipal.

A elaboración deste instrumento, fundamental para a prevención dos incendios forestais, vai a contribuír ao traballo que xa ven realizando ano tras ano para atallar o perigo que supón o abandono de moitas fincas que supoñen un perigo para as vivendas próximas.

Este plan axudará os servizos municipais de inspección a localizar de forma eficaz as parcelas incluídas dentro da rede de faixas de xestión de biomasa do Concello de Redondela, así como a definir as actuacións a levar a cabo no relativo á eliminación da matogueira ou das especies arbóreas se for o caso, que lle son esixibles ás persoas propietarias ou titulares do aproveitamento destes predios.

Ademais, o plan recolle cales son as obrigas en materia de xestión da biomasa vexetal para as restantes Administracións Públicas e ás empresas subministradoras de servizos.

Os incendios forestais son un dos grandes problemas o que se enfrenta Redondela, xa que este municipio sofre reiteradamente o acoso do lume. O Concello estivo afectado nas tres grandes vagas de lunes acontecidas nos anos 2006, 2016 e 2017. Soamente nestos dous últimos anos foron pasto das chamas 720 hectáreas de terreo forestal.

“Os incendios forestais non só suponen un grave dano dende o punto de vista económico e ambiental, senón que cada vez con maior frecuencia se converten nun grave problema de protección civil, xa que ameazan con maior frecuencia a vivendas e núcleos de poboación. Por iso consideramos fundamental contar con este Plan Municipal de Incendios”, sinalou o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.