O Concello de Ribadumia abre o prazo de inscrición nos cursos de “ximnasia de mantemento” e “memoria e psicomotricidade”

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia abre o prazo de inscrición nos cursos de “ximnasia de mantemento” e “memoria e psicomotricidade”

O Concello de Ribadumia informa de que ven de abrirse o prazo para solicitar a inscrición nos obradoiros de ximnasia e memoria e psicomotricidade que o consistorio ofrece a maiores de 65 e pensionistas de máis de 60 anos do municipio.

As persoas interesadas, poderán presentar a folla de inscrición nas oficinas consistoriais dende hoxe mesmo e ata completar as prazas.

No taller de ximnasia de mantemento, que como cada edición se imparte de outubro a maio, formaranse dous grupos cun máximo de 15 persoas, que poderán ampliarse no caso de que aumente a demanda. As sesións desenvolveranse os martes e xoves en horario de 11:oo a 11:45 horas e de 11:45 a 12:30 horas. Para inscribirse, os/as interesados/as deberán achegar, ademais da devandita solicitude cuberta cos seus datos, unha copia do DNI e da tarxeta sanitaria e unha fotografía tamaño carné.

obradoiro de memoria e psicomotricidade, pola súa banda, desenvolverase os luns e mércores de outubro a xuño, en horario de 10:00 a 11:00 horas nas instalacións da Casa da Cultura de Ribadumia.

Con estes cursos, o Concello procura ofrecer aos maiores do municipio actividades que axuden a mellorar tanto a forma física como as capacidades mentais, actividades coas que, ademais, atopar uns momentos de socialización, diversión e coidado da saúde en grupo.