O Concello de Ribadumia informa de que dende o martes 15 de maio, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a contratación de persoal que axude na atención dos postos de venda de viño que se instalarán na carpa da XLVI edición da “Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas”. As instancias para participar poden cubrirse e presentarse nas oficinas do Concello, de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres –excepto festivos-, ata o día 24 deste mes.
Todas aquelas persoas que queiran participar axudando a atender as casetas poden presentar a súa solicitude, co único requisito de que os candidatos e candidatas sexan maiores de idade, debido á natureza do produto que estes stands ofrecen ao público.
A venta dos caldos comezará coa inauguración oficial da festa, o sábado 1 de xuño ás 13:00 horas, cando sexa aberta a carpa dos stands que, como ven sendo habitual, estará situada na Avenida Bouza Martín.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.