O Concello de Ribadumia abre o prazo para solicitar as bolsas de material escolar

Publicado por o día 23/07/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia abre o prazo para solicitar as bolsas de material escolar

O Concello de Ribadumia informa que está aberto o prazo para solicitar as bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, para o curso 2019/2020.

Entre os requisitos para acceder a ditas axudas están o estar empadroado no Concello de Ribadumia, cursar os estudos correspondentes as axudas, ou non superar uns determinados ingresos mensuais, ademáis de non percibir axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados, ademáis de ter en conta as hipotecas e alugueres ata un máximo de 350 euros mensuais.

O prazo para poder solicitar estas bolsas remata o próximo 20 de agosto de 2019.

Para máis información poden preguntar nos Servizos Sociais do concello en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00.

Comentar noticia

Your email address will not be published.