O Concello de Ribadumia abre o prazo “Ribadumienses en prol do Galego”

Publicado por o día 26/02/2020 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia abre o prazo “Ribadumienses en prol do Galego”

O Concello de Ribadumia informa de que está aberto o prazo ata o próximo 10 de marzo para presentar as candidaturas a “Ribadumiense en prol do galego”, recoñecemento que será entregado o 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas 2020, cando se celebrará a cuarta edición da gala homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”.

Todos os que o desexen poderán consultar as bases na plataforma omeuconcello.ribadumia.org.

O Concello pretende, deste xeito, non só celebrar o día no que se honra á lingua galega, senón tamén aproveitar esta ocasión para render homenaxe aos veciños e veciñas, asociacións ou entidades do municipio que participan, dun xeito ou outro, en prol da conservación e posta en valor da nosa lingua.

Comentar noticia

Your email address will not be published.