O Concello de Ribadumia achega a administración electrónica ós veciños

Publicado por o día 21/03/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia achega a administración electrónica ós veciños

O Concello de Ribadumia informa de que xa está a disposición de todos os veciños que o precisen un punto informático habilitado na entrada do concello para facilitar a todos os veciños as tramitacións electrónicas, xa que poderán facer uso deste no horario de 8 a 15 h. de luns a venres e de 9 a 13 h. os sábados. Ademais de estar estudando a posibilidade de estendelo a outros centros para ampliar horario, se ben tamén teñen a disposición a sala de ordenadores de uso público na Biblioteca da Casa de Cultura de Ribadumia en horario de 15:30 a 21:30 h.

Deste xeito, e na conta atrás para que calquera tramitación coa administración pública se teña que facer a través de medios electrónicos, o Concello habilita este ordenador para que os veciños que o precisen poidan realizar estes trámites comodamente. Favorece especialmente as agrupacións e asociacións que deben presentar obrigatoriamente as súas solicitudes vía electrónica. E por suposto seguen tendo á súa disposición o persoal do Concello como ata agora.

Con este fin e para achegar a todos os veciños a opción de que conten cos medios precisos para o cumprimento da normativa en canto a relación coa administración a través de medios electrónicos, o concello investiu preto de 1000 €.