O Concello de Ribadumia informa que dende hoxe, todos os luns de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas, estará na Casa de Cultura de Ribadumia unha empresa que xestiona todo tipo de trámites relacionados con Catastro.
A empresa prestará servizo a todos os veciños e veciñas de Ribadumia, para facilitarlle e achegarlle estas xestións, evitando que teñan de desprazarse a Pontevedra ou Cambados.
Deste xeito, vai estar a disposición dos veciños unha persoa para resolver as dúbidas que poidan ter con temas relacionados co catastro, así como facilitarlles a presentación de calquera tipo de solicitude ante dito organismo.
Este servizo será gratuíto para todos os veciños e poderán así axilizar os trámites e mellorar o acceso a información.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.