O Concello de Ribadumia arranxa o pantalán situado no Río Umia no entorno da Ponte de Cabanelas

Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia arranxa o pantalán situado no Río Umia no entorno da Ponte de Cabanelas

O Concello de Ribadumia informa de que xa se instalou novamente o pantalan que se atopa no entorno do Refuxio en Cabanelas. Despois duns días retirado para levar a cabo as tarefas de mantemento volve a estar na súa ubicación orixinal.

Ditas tarefas de mantemento foron precisas para manter a seguridade dos usuarios que día tras día o empregan tanto para os adestramentos, como é o caso do piragüismo, ou para os momentos de ocio nestes días de verán dos centos de usuarios que cada día se achegan a disfrutar do Río Umia e da Piscina Municipal.

Deste xeito, Ribadumia convértese nun punto clave para disfrutar do ocio estival, ofertando a todos os que se achegan diversidade de opcións para vivir o verán, dende a programación cultural ata os espazos naturais onde poder disfrutar dun chapuzon no Río Umia ou na Piscina ou dun paseo pola marxes do río.