O Concello de Ribadumia informa de que no día de hoxe se procedeu a renovar o convenio coa Fundación Amigos de Galicia para seguir colaborando con esta entidade cunha subvención de 2500 € para este ano 2019.
Esta subvención directa recoñece a labor que a entidade está a realizar tanto coas súas campañas solidarias, cos eventos culturais que realizan como por suposto coa axuda directa a aquelas familias máis desfavorecidas, sendo estas actividades de interese público, social, económico ou humanitario.
A día de hoxe a Fundación atópase dando servizo a familias deste concello co que a subvención ven a favorecer ó mesmo e dar apoio para mellorar e facilitar o día a día de todos os veciños de Ribadumia que o precisan.
O Concello de Ribadumia mantén así o reparto de fondos entre entidades de diversos ámbitos pois están presentes dende as asociacións culturais, as festas parroquiales, chegando ó deporte e por suposto as entidades sociais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.