O Concello de Ribadumia avanza nos preparativos en conmemoración do Día da Muller Traballadora

Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia avanza nos preparativos en conmemoración do Día da Muller Traballadora

O concello de Ribadumia informa que un ano máis está a preparar unha programación que abarque diferentes ámbitos, para conmemorar o próximo día da Muller Traballadora.

Deste xeito o próximo 13 de marzo as 20:30 h. terá lugar no Salón de Plenos do Concello unha xornada enfocada nas mulleres que estean emprendendo. Xornada que por unha banda terá unha parte técnica da man da Cámara de Comercio, e por outra banda unha parte enfocada a confianza nun mesmo que virá da man da psicóloga Cristina Angulo.


Xa o domingo 17 de mazo as 19 horas chegará a “Gala da Muller Traballadora”, onde se realiza unha homenaxe as mulleres traballadoras do Concello. E que ao seu remate contará coa actuación das pandereteiras As Tintas e a representación da obra teatral “Pequenos pasos” interpretada polo grupo de teatro Salcedo Norte, onde van a contar a historia dunha mestra xubilada do rural que relata a súa neta o seu labor a prol da igualdade xunto cun grupo de mulleres da aldea na segunda metade do século XX. Entrada libre e enfocada ó público adulto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.