O Concello de Ribadumia inviste preto de 2000 € para melloras de wifi e informática

Publicado por o día 10/01/2020 na sección de Galicia,Ribadumia

O concello de Ribadumia informa que ven de investir preto de 2000 € para mellorar os servizos de internet na zona do Campo de fútbol de A Senra, Auditorio, Tanatorio e Casa de Cultura, así como optimizar e mellorar o equipamento da aula de informática de cara o inicio dos novos cursos.

No caso da wifi, dado que non chegaba a fibra óptica e o ADSL era algo baixo sobre todo na faceta da subida, optouse pola propósta de Comenersol, operador que crea unha estructura de paneles wireless interconectados con fibra no extremo polo que poden aportar máis velocidade en zonas onde todavía non chegan por terra como son as antes referenciadas antes.

En canto ó equipamento da aula de informática situada na Casa de Cultura realizouse unha posta a punto dos equipos e da instalación de cara a que se atope en óptimas condicións para acoller os novos cursos de informática que están a comezar en próximos días e que están dirixidos tanto a nenos como adultos segundo o nivel de cada un.

As melloras consistiron así no cambio de discos a SSD, triplicar a velocidade dos PCs así como actualizar os programas, o que suporá unha mellora no uso para os novos alumnos.

Con estas actuacións dáselle resposta a diversas solicitudes feitas polos veciños nos últimos meses posto que internet é unha ferramenta de uso na vida cotiá en todos os ámbitos.