O Concello de Ribadumia mantense como destino turístico na “nova normalidade”

Publicado por o día 05/08/2020 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia mantense como destino turístico na “nova normalidade”

O Concello de Ribadumia informa de que as visitas á Oficina de Turismo Municipal durante o mes de xullo ofrecen uns números destacados para a situación que estamos a vivir coa crise sanitaria do COVID19 cun total de 766 visitantes antendidos na oficina de turismo dos cales o 98% é de orixe nacional o que ven a confirmar as últimas previsións de optar polo turismo de cercanía e nacional.

As procedencias que destacan son de Galicia, Madrid e Castilla e León.

As visitas internacionais son moi reducidas supoñendo só un 2% neste xullo do ano 2020.

Aínda que positivas para a “nova normalidade” que estamos a vivir, estas cifras deixan unha baixada no turismo do 19% respecto as mesmas datas do 2019.

Pola contra a porcentaxe de visitantes que pernoctaron mantense similar a do ano pasado cun 82%, dos cales só un 3% corresponde a peregrinos, mentras que no 2019 supuñan un 30%.

En canto á información máis demandada polos turistas, a Ruta da Pedra e da Auga e a do Río Umia, así como recursos enoturísticos e gastronomía e ruta da Camelia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.