O Concello de Ribadumia organiza o III Concurso fotográfico, o III Concurso artístico Infantil e un taller de tinta china

Por o 28/02/2019 | Sección: Galicia,Ribadumia
O Concello de Ribadumia organiza o III Concurso fotográfico, o III Concurso artístico Infantil e un taller de tinta china
Compartir en:

O Concello de Ribadumia informa que, con motivo da celebración da “III Xornada Internacional da Camelia” no Pazo Quinteiro da Cruz, se organizan novas edicións dos concursos fotográfico e artístico infantil.

O prazo para poder presentar os traballos en ambos casos está xa aberto e teñen que estar estes fundamentados na temática da camelia. Poderán presentar os traballos en ambos os casos ata o día 23 de marzo.

Despois será un xurado, formado por un representante do Pazo Quinteiro da Cruz, un membro da Asociación de fotografía Ollares de Portonovo e un representante do Concello, os que elixirán o primeiro e segundo premio en cada un dos concursos.

As fotografías presentadas estarán expostas ao público no Auditorio Municipal de Ribadumia, así como na web do Concello e nas redes sociais oficiais. Ademais, o gañador desfrutará dun vale de 50 euros, mentres que quen acade o segundo lugar recibirá un curso de fotografía valorado en 40 euros. Os gañadores no concurso Artístico Infantil, así mesmo, desfrutarán dun vale de 50 € no caso do primeiro premio, e un vale de 40€ para o segundo clasificado.

Poden consultar as bases en omeuconcello.ribadumia.org ou ter máis información no Departamento de Cultura do propio concello.

A isto cabe engadir, que para o sábado 30 de marzo contaremos cun novo taller de tinta china dirixido a nenos e nenas a partir de dos 6 anos. Taller que está sendo un éxito ano tras ano esgotándose as 20 prazas. Así, xa está aberto o prazo de inscrición ata o próximo 25 de marzo para esta nova edición.

Comentar noticia

Your email address will not be published.