O Concello de Ribadumia organiza unha excursión á Feira do Cocido de Lalín o próximo 16 de febreiro

Publicado por o día 20/01/2020 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia organiza unha excursión á Feira do Cocido de Lalín o próximo 16 de febreiro

O Concello de Ribadumia propón novas actividades para todos os públicos nas que poder desfrutar das festas máis tradicionais galegas ó tempo que desfrutar tamén das nosas contornas naturais. Así, esta excursión terá lugar o próximo día 16 de febreiro, e será durante todo o día, con saída as 9 da mañá da Praza do Concello e retorno a última hora da tarde.

Nesta ocasión os asistentes desfrutaran pola mañá da Feira do cocido de Lalín, onde poderán visitar o pobo así como a feira alí exposta durante os días de Festa. Xa máis ó medio día poderán asistir a actos como o pregón ou o Desfile composto por comparsas, charangas e agrupacións musicais co que por o punto de saída ó entroido que se achega.

A medio día farase unha parada para xantar todos xuntos, e pola tarde poderán desfrutar do entorno natural da Ponte Colgante de Xirimbao (Teo), un lugar chego de atractivo e onde destaca a ponte coa súa peculiar estrutura metálica suspendida en altura sobre as augas do Río Ulla por grosos cables de aceiro.

Esta é así unha oportunidade para desfrutar de momentos de ocio coñecendo máis da tradición e cultura que nos rodea.

Actividade aberta para todos os públicos, cun custe por persoa de 31 € para os socios do club Sénior e de 33 € para os non socios. Prazas limitadas.

Aberto o prazo de inscrición no Concello de Ribadumia ata o 7 de febreiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.