O Concello de Ribadumia renova e mellora o servizo de recollida de aceite de cociña doméstico

Publicado por o día 01/03/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia renova e mellora o servizo de recollida de aceite de cociña doméstico

O Concello de Ribadumia informa que ven de cambiarse a empresa concesionaria do servizo de recollida de aceite de cociña doméstico.

Con este cambio hai un incremento dos contedores dispoñibles para depositar este residuo, pasando de 5 que había anteriormente ós 14 que haberá a partir de agora repartidos por todas as parroquias do municipio.

Cabe destacar que se tivo en conta a colocación de un contedor para a recollida de aceite de cociña doméstico no CPI Julia Becerra Malvar e outro no Cra de Leiro. Isto ven a dar resposta a unha parte do novo servizo contratado, que é a difusión e concienciación da necesidade de reciclaxe e polo tanto da recollida de aceite que se levará a cabo a través de diferentes campañas nos colexios.

Destacar que este servizo que agora se mellora e se achega os veciños de Ribadumia é totalmente gratuíto.