O Concello de Ribadumia informa da cancelación da Festa do Pan que se tiña previsto celebrar o segundo fin de semana de agosto.
O equipo de goberno analizou a situación de incerteza que se está vivir debido á pandemia do coronavirus e ás medidas de prevención que se están a tomar co obxetivo de facer fronte ao COVID-19 e prever un retroceso na evaluación da crise sanitaria.
A decisión de anular esta cita festiva no municipio foi meditada e considerada a máis axeitada, debido a dificultade de dar cumprimento ás medidas de prevención estipuladas ademais do dificil de garantir a seguridade dos asistentes para evitar posibles contaxios nos durante a celebración.
A Festa do Pan reúne en Ribadumia a máis dun milleiro de persoas que este ano non poderian desfrutar a celebración do mesmo xeito entre a familia e amigos, debido as medidas de distancia social precisas no control da crise sanitari.
Visto todo o anterior, o Concello entende que esta decisión é a máis axeitada e esperan que se poida recuperar a normalidade previa ó COVID-19 o antes posible coa posiblidade de celebrar outros eventos culturais nos que se poida certificar un efectivo control da seguirdade para as persoas e que si poidan acollerse as normas que vaia ditando o estado.,
Noticias de última hora en Vigo