O Concello de Ribadumia informa que durante os últimos días se está procedendo o limpado das máis de 20 marquesinas situadas ó longo de todo o municipio.
Limpeza que ven a mellorar a imaxe destas e da contorna na que se sitúan coa retirada dos numerosos cartéis que as ensuciaban, para poñelas a punto para o inicio do novo curso escolar.
Ademáis disto, a partir de este momento cada marquesina acollerá un aviso de prohibido fixar cartéis para evitar a mala imaxe que eso xenera.
Por outra banda tamén se produxo o cambio dalgúns tablóns de anuncios que estaban deteriorados dos máis de 50 que están colocados. Os que se colocan seguen a mesma estética pero cambia o material que pasa a ser de aluminio, o cal é máis resistente ó clima, e más fácil o seu mantemento.
A medida que se vaian estropeando os xa existentes de madeira irase facendo un cambio paulatino.
A estes sumánselle os que se colocaron en novas ubicacións dando resposta a peticións veciñais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.