O Concello de Ribadumia informa que está a colaborar co Proxecto Ríos para organizar a XII Limpeza Simultánea que terá lugar este domingo día 29 de setembro a partir das 11 horas.
A cita será na Ponte dos Padriños situada en Ponte Arnelas a carón das marxes do Río Umia.
Está é unha iniciativa que comezou no 2008 para facer visible un problema como é o lixo que acaba nos ríos e que destrúe a biodiversidade e beleza dos mesmos por toda Galiza. É un día no cal os voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais posto que miles de quilogramos de refugallo xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios que participaron nas anteriores limpezas.
Cabe destacar a importancia desta acción en canto a concienciación social para evitar a destrución dos nosos ríos e ecosistemas, posto que moitas pequenas accións terán unha influencia importante.
Animamos así a todos os veciños, e a todos os que queiran a achegarse a participar nesta limpeza simultánea dos nosos ríos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.