O Concello de Silleda continuarán nos vindeiros días co plan de actuación en viais e beiravías ante a previsión de máis xiadas

Operarios municipais continúan vertendo sal en distintos puntos do municipio para reforzar a seguridade de vehículos e viandantes. Faise un chamamento á prudencia dos veciños ante as previsión de máis baixada de temperaturas
Publicado por o día 10/01/2019 na sección de Galicia

O Concello de Silleda continuarán nos vindeiros días co plan de actuación en viais e beiravías ante a previsión de máis xiadas

O Concello de Silleda continuará nos vindeiros días o plan de actuación para garantir a seguridade ante a ola de frío que se está a vivir na comunidade galega.

Un equipo do servizo municipal de Obras e Servizos continuará, ao igual que nos últimos días, botando sal en distintos puntos do municipio donde se aprecia un maior número de xeo en espazos públicos. Ademais de verter este material en varias estradas de titularidade municipal tamén se está a esparcir sal –como vén sendo habitual- nas zonas máis transitadas polos peóns, sobre todo nas zonas cercanas a centros públicos que rexistran maior afluencia durante a xornada de mañá, coma o caso dos dous Centros de Saúde do municipio, entorno de centros escolares e outros puntos dos cascos urbanos.

“Como é de supoñer, resulta imposible botar sal en todo o termo municipal, polo que estamos actuando alí onde a situación é máis preocupante. En todo caso dende o Concello de Silleda apelamos tamén á prudencia dos veciños, para que transiten con precaución por zonas onde hai xiada”, indica o alcalde, lembrando que as previsións meteorolóxicas auguran máis xornadas de frío para os vindeiros días.

Comentar noticia

Your email address will not be published.