O Concello de Silleda dota a Escola de Música de teclados para impartir as sesión do programa didáctico Fasolet

O Concello de Silleda dota a Escola de Música de teclados para impartir as sesión do programa didáctico Fasolet
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Galicia

O Concello de Silleda dota a Escola de Música de teclados para impartir as sesión do programa didáctico Fasolet

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura, Ana Luisa González, fixeron entrega esta mañá na  Escola de Música Municipal de 5 teclados musicais cos que se implementarán os recursos do centro e aos que se suma outro aportado pola Anpa Musiquiños.

Estes teclados están xa instalados na aula onde se imparten as clases do novidoso sistema Fasolet, para iniciar na música a nenos e nenas de 3 a 6 anos. Segundo explicou o director da Banda de Música Municipal de Silleda, Rafa Agulló, que asistiu á entrega xunto coa presidenta da Anpa Musiquiños, Edicta Crespo, esta novidosa didáctica estrenouse con gran éxito este curso.

Os nenos e nenas que queiran apuntarse para iniciarse no mundo da música dun xeito ameno e diferente, aínda poden inscribirse na Escola de Música, onde esta disciplina se imparte unha hora por semana (os venres pola tarde ou sábado pola mañá).

Esta novidosa didáctica, para iniciar na música aos máis cativos, naceu en Valencia da man de Joventuts Musicals de la Vall d’Albaida, unha asociación de escolas de música encamiñada ao desenvolvemento musical, persoal e social.

Os tres pilares fundamentais desta metodoloxía son: audición, análise e improvisación.

En xaneiro deste ano impartiuse en Silleda un curso para o profesorado sobre esta técnica para formar aos docentes en contidos como as bases psicolóxicas na educación musical, educación rítmita e movemento, educación instrumental, audición musical activa, lectura aplicada ou improvisación rítmica e melódica.

Con esta iniciativa preténdese propoporcionar recursos didácticos e pedagóxicos para potenciar as capacidades musicais na etapa de iniciación.

Entre os principios pedagóxicos deste método destacan a educación oportuna, con programas adaptados ás diferentes etapas de desarrollo físico, intelectual e social dos nenos ou o desenvolvemento da capacidade auditiva , guiando aos alumnos/as a través do seu patrón de aprendizaxe natural.

Dende o Concello de Silleda, con esta nova dotación continúase así mellorando os recursos didácticos na Escola de Música, “donde se continúa apostando pola innovación na aprendizaxe”, explica a concelleira Ana Luisa González.

O alcalde, Manuel Cuiña, destaca así mesmo o gran número de alumnos e alumnas que cada ano se matriculan na escola “nun municipio que a nivel cultural e tamén deportivo segue destacando pola a ampla participación do público máis novo”, engade.