O Concello de Silleda xa iniciou os traballos de mellora na pista vertebradora da parroquia de Parada

A empresa adxudicataria do proxecto iniciou os traballos co drenaxe nunha das zonas do vial. Actuarase dende o lugar de O Cruceiro ata a Casanova, así como nun pequeno ramal ata Barro
Publicado por o día 10/01/2019 na sección de Galicia,Silleda

O Concello de Silleda xa iniciou os traballos de mellora na pista vertebradora da parroquia de Parada

O Concello de Silleda continúa acometendo a mellora de servizos no rural. Onte mesmo comezaron os traballos na pista da parroquia de Parada, coa mellora integral da pista que vertebra esta parroquia.

Os traballos están incluídos no proxecto  denominado Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2018-2019, xunto coa mellora do vial de Forcas, en Laro xa realizado en días pasados.

A actuación, xunto coa de Laro supón un investimento de máis de 73.000 euros, que se acometerá con cargo a dúas anualidades, cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e polo Concello de Silleda.

Na parroquia de Parada estáse a actuar no tramo comprendido entre O Cruceiro e a  Casanova e nun pequeño tramo dende este último lugar ata Barro.

Os traballos deste proxecto foron adxudicados á empresa Taboada y Ramos que iniciou a actuación de Parada coa drenaxe dunha zona onde tradicionalmente se ven acumulando numerosa auga, para evitar a formación de bolsas.

Con esta actuación dende o Concello de Silleda continúase apostando por mellorar a extensa rede de camiños municipais no territorio, e que continuará nas vindeiras semanas coa adxudicación do proxecto de mellora de distintos viarios que suporán un investimento de 500.000 euros a través do Plan Concellos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.