O Concello de Tui completa a execución da sentenza xudicial sobre a pirotecnia La Gallega en Baldráns

Así llo comunicou ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra unha vez rematou a demolición de todas as edificacións da instalación
Publicado por o día 11/01/2019 na sección de Galicia,Tui

O Concello de Tui completa a execución da sentenza xudicial sobre a pirotecnia La Gallega en Baldráns

Así llo comunicou ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra unha vez rematou a demolición de todas as edificacións da instalación

O Concello de Tui notificou, no día de hoxe ao xulgado a finalización das obras de demolición da totalidade das edificacións que compoñían as instalacións da Pirotecnia en Baldráns dando así cumprimento total,  antes do prazo, ao ordenado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra.

A execución das obras levouse a cabo cumprindo escrupulosamente o ordenado no auto, de data 16 de novembro de 2018, do citado xulgado, que sinalaba expresamente a obriga de demoler  “todas as construcións obxecto do proxecto de legalización autorizado pola licenza de obras maiores anulada”. Este proxecto, conforme, foi indicado no informe dos servizos técnicos municipais amparaba a totalidade das edificacións da instalación.

Queda por tanto completada a execución da sentenza do ano 2014 do Xulgado.