O Concello de Tui prepara as instalacións deportivas municipais para o inicio da tempada

A semana pasada realizáronse labores de mantemento dos campos de céspede sintético
Publicado por o día 11/08/2020 na sección de Galicia,Tui

O Concello de Tui prepara as instalacións deportivas municipais para o inicio da tempada

O Concello de Tui ven realizando distintas labores de mantemento nas instalacións deportivas municipais pese a que o inicio da tempada dos deportes de equipo non está clara, debido a pandemia da Covid-19.

A semana pasada, unha empresa especializada, realizou o mantemento nos campos de céspede sintético de “O Foxo” de Caldelas, “Santa Columba” de Ribadelouro e no “Álvarez Durán” de Tui. Os labores consistiron na limpeza da superficie, aireación do revestimento, descompactación do caucho, pegado de xuntas e cepillado do céspede.

En próximas datas, serán os campos de céspede natural “Álvarez Durán” de Tui e “A Gándara” de Guillarei, os que reciban os tratamentos de pinchado e aporte de area, co apoio da Deputación de Pontevedra.

Estes labores de mantemento e os realizadas nos vestiarios e oficina do Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei, xunto ás obras que se realizarán proximamente nos pavillóns municipais novo e vello, e  no Centro Municipal de Piragüismo, así como a reforma integral das Pistas de Tenis de Areas, que en breve estarán operativas, veñen a cumprir un dos obxectivos plantexados polo concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o de ter as instalacións deportivas municipais ao nivel dos clubs tudenses e dos seus deportistas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.