O Grupo de goberno do Concello de Tui , vai promover unha nova rebaixa de impostos de competencia municipal , en concreto se trata do IBI ( Imposto de Bens Inmobles) e do IAE (Imposto de Actividades Económicas). Para o que proporá unha modificación das ordenanzas fiscais que os regulan
No caso do IBI o goberno propón a redución da taxa do IBI Rústico do 0,31 % actual ata o 0,30, situándoo deste xeito no mínimo que permite a lei de facendas locais. En canto o IBI urbano a proposta do equipo de goberno é rebaixalo do 0,52 ao 0,49 o que significa unha baixada do 5,76%
Esta medida ten coma obxectivo diminuír o impacto na economía dos veciños da regularización catastral e a conseguinte suba do valor catastral fixados polo estado.
Tamén se pretende modificara Baixa o IAE , neste caso baixando a taxa de localización do 0´8 ao 0´7 para empresas situadas en polígonos e ata o 0´6 para o resto das empresas. Esta medida permitirá as empresas situadas no termo municipal un aforro nos cartos destinados a impostos, podendo destinalos a outros fins empresariais
A estas dúas baixadas impositivas hai que sumar a supresión do imposto da plusvalía outra medida tomada polo goberno local no remate do 2017, por entender , tal como declarara no seu día Carlos Vázquez Padín, que se trata dun imposto “inxusto xa que actúa coma un segundo imposto de sucesións e doazóns” apuntando que se cobraba incluso naqueles casos onde hai unha desvalorización da propiedade.
O goberno a través do seu alcalde Carlos Vázquez Padín reafirma deste xeito a súa intención de facer de Tui un municipio que se caracterice por evitar a represión fiscal e por rebaixar o máximo posible os impostos de carácter municipal.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.