O Concello de Tui repartirá 81 composteiros individuais entre os veciños que o soliciten

Os beneficiarios recibirán unha charla sobre o uso e durante os dous primeiros anos serán supervisados no seu funcionamento

Na aposta que pola reciclaxe do lixo que se realiza dende o Concello de Tui, e grazas á participación no programa Revitaliza da Deputación, vanse repartir 81 composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, entre aqueles veciños e veciñas que así o soliciten.

Os interesados deberán cubrir o modelo de solicitude, que poderán descargar da web tui.gal ou recoller na secretaría da casa do concello, e remitila ao correo electrónico comunicacion@tui.gal ou entregala na casa do concello.

Os composteiros entregaranse por orde de solicitude até completar o total dos 81 dispoñibles.

Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un anos.

Previa a entrega do COINEX os beneficiarios recibirán unha pequena charla onde se lles explicará o lugar máis axeitado para colocalos, que tipo de restos se poden depositar, como se debe depositar o material, que é o estruturante, … Amais durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM