O concello de Vigo abandona o paseo marítimo da Guía

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

O concello de Vigo abandona o paseo marítimo da Guía

A Asociación Veciñal de Teis, ben denunciar a falta de mantemento do paseo do borde do litoral da Guía. Estes paseo realizouno o Ministerio de Medio Ambiente, en xuño de 2010 e desde aquela encargase do seu mantemento o Concello de Vigo.

Este paseo que era unha vella reivindicación veciñal, que conseguiron logo de moita anos de presión veciñal, percorre desde o campo de fútbol até a praia da Lagoa.

O pasado 8 de outubro presentaron un escrito dirixido a concellaría de parques e xardíns, esixindo o mantemento deste espazo (cortar a vexetación, coidado dos espazos verdes, reposición do pivote,etc), polo de agora sen resposta. Ao longo deste anos non é a primeira vez que denuncian a falta de mantemento deste paseo.

Non se corta a vexetación desde hai anos, as silveiras nalgún tramo xa ocupan o paseo, os espazos verdes carecen de mantemento. Os coches ocupan unha das zonas verdes.

É necesario a reposición dun pivote que impida o paso de vehículos polo vía de servizo, pois este paseo é peonil. Tamén no mirador do faro é necesario a colocación dun varanda, para evitar accidentes e poder observar as impresionantes visitas da ría con seguranza.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran escandaloso a falta de mantemento por parte do Concello de Vigo, deste paseo.